Inicio Carballo ao día Axenda Celebración do 160º aniversario do...

Celebración do 160º aniversario do nacemento de Alfredo Brañas

Venres 11 de xaneiro do 2019 A partir das 18.30 horas

O Padroado Alfredo Brañas, coa colaboración do Concello de Carballo, ten programados para o día 11 de xaneiro, coincidindo co 160º aniversario do nacemento de Alfredo Brañas na nosa vila, unha serie de actos. O programa é o seguinte:

18.30 horas

  • Recepción no Concello de Carballo ao presidente da Real Academia Galega e convidados/as
19.00 horas
  • Ofrenda floral na rúa Coruña, xunto á casa natal de Alfredo Brañas. Acto aberto á cidadanía.
  • Recital do alumnado do IES Alfredo Brañas
  • Interpretación do Himno Galego por antigos membros do grupo de gaitas do Centro Cultural Alfredo Brañas
19.30 horas
  • "Alfredo Brañas, unha memoria viva". Conferencia no Casino de Carballo con Adriana Hurtado de Mendoza, presidenta do Padroado; Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; José Ramón Barreiro Fernández, ex presidente da RAG e historiador, e Xan Fraga Rodríguez, historiador carballés.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D