Inicio Carballo ao día Axenda "Somos rúa, facemos arte"...

"Somos rúa, facemos arte" despídese coa danza urbana de Exire

Domingo 18 de novembro do 2018 13:00 horas - Praza do Concello Cultura

A compañía de danza Exire será a encargada de pechar a segunda edición do proxecto de arte contemporánea Somos rúa, facemos arte, organizado polo Concello de Carballo.  

O dúo formado pola carballesa Alba Fernández e Estefanía Gómez representará un dos seus últimos traballos de danza urbana-contemporánea, Nexos. A súa capacidade de conexión co público, convértea nun peza fresca, sensible e idónea para Carballo pola vinculación tan especial dunha das protagonistas co noso municipio.

Sinopse. Desde o primeiro momento, ponse de manifesto a complicidade que existe entre dúas persoas, as súas memorias compartidas, a busca incesante dese recordo que as sostén no tempo. O percorrido polos momentos que quedaron gravados nos seus corpos deixa ver a dous seres, imperfectos, peculiares... Soltar o peso da mirada de outros/as e recoñecerse para decidir mostrar o que escollemos ser. Ao fin, gozar do que somos!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D