Inicio Carballo ao día Axenda Escultura colectiva con Basilisa Fiestras

Escultura colectiva con Basilisa Fiestras

Do venres 16 de novembro ata o sábado 17 de novembro do 2018 10-14h/16:30-18:30/11-14h - Praza do Concello Cultura

O Concello de Carballo volverá a achegar a arte contemporánea ao espazo urbano de Carballo coa posta en marcha da segunda edición da iniciativa Somos rúa, facemos arte. Escultura, música e danza serán as tres manifestacións artísticas que esta fin de semana pisarán a rúa co obxectivo de implicar activamente á veciñanza nas actividades que se van desenvolver na Praza do Concello, e que serán totalmente abertas.

A primeira delas consistirá na creación e instalación colectiva dunha escultura formada por pezas de escaiola feitas no espazo público, reproducindo as mans das persoas participantes para facer un gran círculo de mans entrelazadas no chan, simbolizando a forza da unión. Nesta obra, guiada pola artista Basilisa Fiestras, abordarase o tema do corpo a través da fragmentación.

A peza colectiva, titulada Ritmos do corpo, realizarase a partir dun obradoiro “na rúa” de moldes onde as persoas participantes traballarán todo o proceso creativo ata realizar unha copia en escaiola das súas mans, que logo formarán parte dunha gran instalación efémera no chan da Praza do Concello de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D