Inicio O Concello Axenda institucional Acto de agradecemento á familia de Alfredo...

Acto de agradecemento á familia de Alfredo Brañas

Sábado 10 de novembro do 2018 13.00 horas - Casa do Concello

Escultura de Alfredo Brañas realizada por Isa Fernández

Escultura de Alfredo Brañas realizada por Isa Fernández

A plataforma creada para difundir a figura de Alfredo Brañas ten programado para este sábado 10 un acto de agradecemento á familia do fillo predilecto de Carballo pola cesión dunha serie de material bibliográfico a principios de ano. O evento, que contará coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero, entre outros membros da corporación municipal, celebrarase ás 13.00 horas no salón de plenos.

A plataforma agasallará á familia cun busto de Alfredo Brañas elaborado en barro pola artista local Isa Fernández e un cadro de Miguel Anxo Calvo, O'Mighelo. Ademais, Miro Casabella interpretará un poema de Alfredo Brañas ao que puxo música.

Compartir: