Inicio Carballo ao día Axenda "Commedia", un dos fitos do teatro...

"Commedia", un dos fitos do teatro galego, chega ao FIOT con Cándido Pazó

Domingo 21 de outubro do 2018 20:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Vinte e cinco anos despois da súa primeira estrea, non podía faltar no FIOT un dos fitos do teatro galego polo éxito e repercusión que tivo na escena galega e pola súa presenza en diferentes escenarios nacionais e mesmo internacionais. A compañía Contraproducións revisita Commedia, unha explosiva obra co mesmo director, Cándido Pazó, e case o mesmo equipo creativo, para rememorar, en palabras de Pazó "un xoguete escénico no que os cómicos, igual que hai 25 anos, non teñen outraintención que divertirse divertindo".

Humor, acrobacias, música en directo, diálogos mordaces, teatro físico, canto e baile sucederanse entre divertidos equívocos e enxeñosos enredos arredor do amor romántico e dos riscos da sinceridade, coa participación das principais figuras da “commedia dell´arte”: o cutre taberneiro, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Sinopse: Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pensa que ela o engana. Quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que lle dá un anel máxico que fai perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo, pero tamén a noción das convencións sociais.

Antes de que dea comezo a función, farase entrega do Xograr de Outuno 2018 ao dramaturgo galego Manuel Lourenzo por unha vida adicada ao teatro.

Intérpretes: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta Escenografía e vestiario: Suso Montero Iluminación: Afonso Castro Dirección musical: Fernando Reyes Produción: Belén Pichel Dirección, dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó

Público: Recomendada a partir de 8 anos
Entrada: 8 €
Duración: 90 min.

Programación FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D