Inicio Carballo ao día Axenda Chegan "As vacacións máis...

Chegan "As vacacións máis longas" a Metro Cadrado

Sábado 20 de outubro do 2018 13/13:30/19/19:30 horas - Galería arte Manolo Eirín Cultura

O protagonista da seguinte sesión do ciclo de microteatro do FIOT é Diego M. Buceta, titulado superior en interpretación textual por la ESAD de Galicia (2005-2009) e membro da compañía de danza contemporánea Prácido Domingo xunto a Belén Bouzas e Fran Martínez, desde onde levana cabo traballos de creación propia e numerosos talleres. Ademais, Buceta está inmerso en numerosos proxectos en solitario e outros xunto a outras formacións.

As vacacións máis longas é unha das últimas creacións, iniciada no ano 2016, coa que participou no programa de residencias artísticas Paraíso así como en diversos certames, nos que obtivo o recoñemento do público.

Sinopse: “Eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo”. Neste espectáculo de danza contemporánea o bailarín propón unha viaxe de evasión, romper esa corda de tensión e abandonarse placidamente á exclusión, ao abandono, ao esquecemento. A simplemente ser.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Aforo: 20 espectadores/as
Duración: 20 min.
Iluminación: Laura Iturralde Creación e interpretación: Diego Martínez Buceta

Programación FIOT27

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4