Inicio Carballo ao día Axenda Espectáculo musical con Magín Blanco

Espectáculo musical con Magín Blanco

Venres 13 de xullo do 2018 Ás 21:00 horas - Praza do Concello Cultura

Magín Blanco e a Banda das Apertas irán tocando as aventuras de A nena e o grilo e descubrindo os seus segredos a través de cancións e contos. Os máis cativos e cativas terán a oportunidade de viaxar por singulares aventuras onde as letras das cancións marcarán o ritmo deste concerto no que todos e todas poderedes participar coreando, acompañando e, sobre todo, desfrutando con esta Banda das Apertas.

Entrada: Libre e de balde
Participación: Público familiar
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D