Inicio Carballo ao día Axenda O documental "Gaza Surf Club", nas...

O documental "Gaza Surf Club", nas Noites de Cine en Razo

Xoves 19 de xullo do 2018 22:30 horas - Praia de Razo Cultura

O documental Gaza Surf Club, que tivo unha gran aceptación no ciclo de cine árabe Amal en Ruta, é unha produción palestino alemá dirixida en 2016 por Philip Gnadt e Mickey Yamine. En 87 minutos, o documental narra a vida duns mozos atrapados na prisión ao aire libre máis grande do mundo, Gaza, e gobernados pola guerra, unha nova xeración que se lanza ás praias. Fartos da ocupación e o bloqueo, atopan a súa válvula de escape nas ondas do Mediterráneo: son os surfeiros de Gaza.

Gaza é unha franxa de terra cunha poboación de 1,7 millóns de cidadáns, atrapados entre Israel e Exipto e practicamente illados do mundo exterior. Ten 42 quilómetros de costa cun porto que xa non dá servizo aos barcos. Case nada entra a Gaza, e menos aínda sae. A xeración nova de alí está a crecer con moi poucas perspectivas: desocupada e sen traballo. Pero neste contexto, hai un pequeno movemento.

Os protagonistas do documental son parte da comunidade de surf da cidade de Gaza. Ao redor de 40 táboas de surf foron traídas ao país nas últimas décadas con gran esforzo e a pesar das estritas sancións. Son esas táboas as que lles dan a oportunidade de experimentar unha pequena porción de liberdade, entre o recordatorio costeiro dunha realidade deprimente e a fronteira mariña de 6 millas controlada polos israelís.

Gaza Surf Club. Longametraxe documental. Philip Gnadt e Mickey Yamine / Palestina e Alemaña / 2016 
Participación: + de 7 anos
Duración: 87'
Organiza: Concellería de Cultura
Colaboran: ACRD San Martiño de Razo e Fundación Araguaney

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D