Inicio Carballo ao día Axenda XXXVII Albaroque Arume

XXXVII Albaroque Arume

Sábado 7 de xullo do 2018 Todo o día - Local Social Berdillo Cultura

As asociacións cultural e xuvenil Arume organizan unha xornada de confraternidade aberta á participación da cidadanía, que dará comezo o venres 6, ás 19 horas, con xogos para os máis pequenos/as nas pistas polideportivas de Berdillo.

Ao longo do sábado 7, haberá actividades para todas as idades con xogos populares, sesión vermú e festa rachada da mañá á noite. Os alumnos e alumnas da entidade levarán a cabo exhibicións de baile, música e teatro e realizarase unha exposición cos traballos elaborados por ambas agrupacións. Ademais, os asistentes poderán desfrutar dun xantar popular a base de sardiñas. Anímate e participa!

Organiza: Asociación Cultural e Xuvenil Arume
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D