Inicio Carballo ao día Axenda Concerto infantil "Radio Bulebule" con...

Concerto infantil "Radio Bulebule" con Paco Nogueiras

Domingo 8 de xullo do 2018 18:30 horas - Xardín Municipal Cultura

Na Praza dos Libros de Carballo temos ata unha emisora de radio transmitindo en directo. Si, si! Unha ducia de cancións divertidas, pegadizas e inspiradas nas ondas herztianas conforman a grella de programación dunha emisora comunitaria onde "o falar non ten cancelas". Se queres pasar unha tarde de risas, non te podes perder o concerto infantil de presentación do libro-disco Radio Bulebule (Kalandraka), de Paco Nogueiras. Vén a desfrutar da radio en directo cun programa cheo de humor, baile e moita música.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4