Inicio Carballo ao día Axenda Milladoiro, grupo convidado no Festifolk Costa da...

Milladoiro, grupo convidado no Festifolk Costa da Morte

Sábado 7 de xullo do 2018 A partir das 21 horas - Praza do Concello Cultura

Esta fin de semana a música tradicional galega soará (e moito) na Praza dos Libros. Dentro da programación do Verán Cultural, elaborada polo Concello de Carballo, chega o Festifolk Costa da Morte con sons da terra e algúns dos grupos de folk de maior sona internacional. 

Un desfile de grupos de gaiteiros de diferentes asociacións da Costa da Morte percorrerá as rúas da vila para ir animando o ambiente. A continuación, todos xuntos interpretarán na Praza do Concello o Himno do Antigo Reino de Galicia e, de seguido, renderase unha homenaxe a Pepe Ferreirós, membro de Milladoiro.

A velada proseguirá coa actuación da coñecida cantante asturiana de tonada Marisa Valle Roso, que, nesta ocasión, presentará ao público carballés o seu último traballo Consciente, no que mestura o folclore con outros xéneros como pop, indie e a canción de autor.

A partir das 22:30 horas, chegará un dos pratos fortes do festival: a actuación de Milladoiro. O mítico grupo volve a Carballo para presentar o seu último disco Atlántico e rememorar algúns dos temas que lles deron sona internacional ao longo dos seus 40 anos de historia. Unha oportunidade única de ver sobre o escenario a un dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo e pioneiros na labor de recuperación e reivindicación da tradición musical do noso país.

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: La Voz de Galicia e Fundación Luís Calvo Sanz

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8