Inicio Carballo ao día Axenda Sés, pregoeira da Praza dos Libros

Sés, pregoeira da Praza dos Libros

Xoves 5 de xullo do 2018 Ás 12:30 horas - Xardín Municipal Cultura

A Praza dos Libros non podía ter mellor comezo. A cantautora galega María Xosé Silvar, Sés, será a encargada de ler o pregón co que se abrirá unha nova edición da Feira da creatividade cultural de Carballo.

Mestra, licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social, esta cantareira con raíces carballesas chegou á música por casualidade hai once anos e hoxe é xa unha das máximas expoñentes da cultura galega. Desde o seu estilo, o rock, as súas letras representan valores sociais como o feminismo, a defensa pola nosa lingua e o orgullo pola nosa cultura. En 2007 formou o grupo Chámalle Xis! e a partir de 2010 comezou a súa carreira en solitario para, un ano máis tarde, grabar o seu primeiro álbum, Admirando la condición, co que iniciou unha imparable traxectoria musical repleta de éxitos e triunfos, con cinco discos no mercado. 

Durante o acto de inauguración, haberá unha actuación da Banda de Gaitas de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4