Inicio Carballo ao día Axenda Volve a Praza dos Libros a Carballo

Volve a Praza dos Libros a Carballo

Do xoves 5 de xullo ata o domingo 8 de xullo do 2018 De 11 a 14h- 18 a 22h - Xardín Municipal Cultura

Esta semana Carballo acollerá unha nova edición da Praza dos Libros. Por diante quedan 4 días de imaxinación, animación, contacontos, música, presentacións, premios, libros e moitas outras propostas para encher de ilusión e creatividade o noso municipio.

De 11 a 14 horas e de 18 a 22 horas poderás desfrutar dun montón de actividades literarias, musicais e artísiticas. Pero na Feira da creatividade cultural, organizada polo Concello de Carballo, o protagonista indiscutible será o libro e os libreiros e libreiras que nela participan. Este ano estarán presentes, ademais do tradicional stand de Bibliotecas de Carballo, Á lus do Candil (Arteixo), Demo (A Coruña), Roget (Vimianzo) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Punto e Coma, Phottic, Teldy e Trasgo.

A todo isto sumarase, o xoves 5 o domingo 8, a nosa feira tradicional e unha campaña de promoción de dous dos nosos produtos máis destacados: o atún e o pan. Grazas á colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz e Panaderías de Carballo, tanto na xornada inaugural como na de clausura todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cunha lata de atún Calvo, o primeiro día, e cun pan de Carballo, o último. Tamén haberá un 10% de desconto en todos os libros e centos de premios en tarxetas rasca. 

Vén a desfrutar da festa de ideas que temos preparada para ti!

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8