Inicio Carballo ao día Axenda Curso de fotografía para móbiles e...

Curso de fotografía para móbiles e tabletas

Do luns 9 de xullo ata o venres 13 de xullo do 2018 De 10:30 - 13:30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Gustaríache sacarlle máis partido á cámara do teu móbil e/ou tableta? Desde a Concellería de Cultura, dentro da programación do XX Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís, propoñémosche que participes nun curso de fotografía, que se desenvolverá do 9 ao 13 de xullo, para coñecer mellor as funcionalidades do teu smartphone e aprender conceptos relacionados con técnica fotográfica, exposición correcta, enfoque, composición... as mellores APP gratuítas de retoque dixital e todo o que debes saber sobre dereitos de imaxe.

Para poder participar só é preciso ter entre 12 e 18 anos e, por suposto, dispoñer de móbil e/ou tableta. O fotógrafo profesional Alfredo Varela encargarase do resto durante cinco sesións de tres horas de duración, en horario de 10:30 a 13:30 horas. O Pazo da Cultura será a nosa base pero tamén sairemos ao exterior a facer prácticas. E todo de balde!

Se estás interesado/a, bule! Tan só hai 15 prazas que cubriremos por rigorosa orde de inscrición. Descarga xa o Impreso solicitude e entrégao no Rexistro Municipal do Concello de Carballo. Tes de prazo ata o vindeiro día 5. Máis info no 981 704 300 ou en www.carballo.gal

Participación: De 12 a 18 anos
Entrada: Libre e de balde. Previa inscrición (26 ao 5 de xullo)
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D