Inicio Carballo ao día Axenda Aquelarre na Eira das Meigas coa Plataforma pola...

Aquelarre na Eira das Meigas coa Plataforma pola Defensa do Monte Neme

Sábado 23 de xuño do 2018 Ás 12:00 horas - Monte Neme Cultura

Achégase a noite de San Xoán e con ela o mundo da maxia e das meigas ábrese paso. Coincidindo co solsticio de verán, e como xa vén sendo habitual, a Plataforma pola Defensa do Monte Neme, integrada por varios colectivos, realizará a súa tradicional xuntanza anual de meigas no Monte Neme seguindo os relatos das lendas ancestrais. 

Dende a explanada da mina, os e as participantes subirán camiñando ata a Eira das Meigas, no cumio do Monte Neme. Unha vez alí procederase á teatralización do aquelarre de meigas, na que non faltarán nin os meigallos nin os brevaxes máxicos. A xornada festiva, coa que tamén se pretende reivindicar a recuperación deste emblemático espazo, continuará cunha sesión vermú amenizada con música tradicional galega.

Se queres sumarte á festa, anímate porque a participación é libre, de balde e sen inscrición previa. E se che apetece ir en bici, a saída terá lugar ás 09:45 horas do bar Dolce, situado xunto á piscina Carballo Calero (zona colexio Bergantiños).

Dende a organización tamén animan aos participantes que o desexen a ir ataviados/as con roupa escura (pantalón e/ou camisola cor negra) e xestas e fiúnchos para pasar desapercibidos/as no caso de que aparezan as meigas.

Participación: Libre e de balde. Sen inscrición
Organiza: A Plataforma pola Defensa do Monte Neme 
Programación Festas San Xoán 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4