Inicio Carballo ao día Axenda Pregón do San Xoán a cargo de Jorge...

Pregón do San Xoán a cargo de Jorge Mira

Xoves 21 de xuño do 2018 Ás 21:00 horas - Praza do Concello Cultura

Doutor en Física pola Universidade de Santiago, catedrático en Electromagnetismo, investigador, divulgador científico, escritor, membro da Real Academia Galega, colaborador de prensa, radio e televisión, director do programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela e responsable da visita a Galicia de 29 Premios Nobel. Esta é tan só unha pequena parte do currículum de vértixe de Jorge Mira Pérez, o pregoeiro das festas de San Xoán 2018. 

Tras o seu incrible palmarés científico e académico, con numerosos recoñecementos e galardóns, agóchase un home de costumes sinxelos, claro e transparente; un comunicador nato, capaz de transmitir os seus coñecementos de maneira intelixente e intelixible; unha persoa accesible, próxima e solidaria, sempre disposta a colaborar en causas benéficas; un veciño da localidade de Baio (Zas) con fortes vínculos con Carballo e un namorado da Costa da Morte. Tal vez, durante a súa intervención, nos desvele a clave da maxia que envolve á noite meiga de San Xoán. Agardámosvos!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D