Inicio Carballo ao día Axenda Laboratorio de ilustración con Mon Lendoiro

Laboratorio de ilustración con Mon Lendoiro

Do sábado 30 de xuño ata o sábado 4 de agosto do 2018 De 10 a 13 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Gustaríache aprender a contar historias con lápis e papel? Pois agora vas ter a oportunidade! Todos os sábados pola mañá, desde o 30 de xuño ata o 4 de agosto, poderás participar nun Laboratorio gráfico de ilustración, un obradoiro creativo impartido por Mon Lendoiro para persoas maiores de 8 anos que estean interesadas en coñecer o proceso creativo das artes plásticas e os medios gráficos visuais como outra ferramenta de comunicación. Deseño de personaxes, desenrolo de bocetos, análise da forma, cor, figura e textura, a narración gráfica e a escritura creativa son algunhas das materias que se abordarán ao longo das seis sesións que está previsto realizar. 

Non é preciso ter habilidades concretas de debuxo nin formación previa. Se che gusta a ilustración e queres aprender a contar historias dun xeito diferente inscríbete xa en biblioteca@carballo.gal ou chamando ao 981 758 580. Tanto o obradoiro como o material a empregar serán de balde. Dáte présa porque as prazas son limitadas!

Participación: Maiores de 8 anos
Entrada: De balde. Inscrición previa
Organiza: Estudo Garabato
Colabora: Concello de Carballo 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D