Inicio Carballo ao día Axenda Concerto U2 Zen Garden

Concerto U2 Zen Garden

Sábado 16 de xuño do 2018 Ás 23:00 horas - Praza do Concello Cultura

Só a maxia do San Xoán podía conseguir que a mellor banda tributo a U2 do mundo estivese en Carballo. Será na noite do sábado 16 de xuño cando o grupo italiano Zen Garden, considerado pola crítica como o clon da lendaria banda irlandesa, suba ao escenario da Praza do Concello para ofrecer un espectáculo sen precedentes. Con só pechar os ollos crerás ter diante túa ao mesmísimo Bono e aos seus inseparables músicos interpretando With or without you  ou I still haven’t found what I’m looking for. E con eles abertos tamén! Vestiario, repertorio, maquillaxe e unha coidada posta en escena, que roza a perfección, son as claves para lograr unha réplica exacta dunha das formacións máis aclamadas da historia da música.

Zen Garden chega disposto a emocionarnos e facernos vibrar co mellor tributo do mundo a U2. Vén gozar dunha noite inesquecible na que non faltarán grandes clásicos como Beautigul Day, One ou New Year’s Day, últimos éxitos como Vertigo e Magnificent e algúns temas de Songs of innocence. Que máis se pode pedir? Vémonos no San Xoán!

Organiza: Concello de Carballo
Programación Festas San Xoán 2018

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4