Inicio Carballo ao día Axenda Día da Bicicleta

Día da Bicicleta

Domingo 3 de xuño do 2018 Ás 11:00 horas - Praza do Concello Cultura

La Voz de Galicia

Se che gusta andar en bici e queres facelo en familia e/ou con amigos, este domingo tes unha cita co Día da Bicicleta de Carballo. A Praza do Concello será o punto de saída e chegada a un circuíto que se desenvolverá polo casco urbano realizando o seguinte percorrido: Gran Vía, Gravador Manuel Facal, Vila de Negreira, O Fondal, Ponte de Bértoa, O Bosque, Berdillo, Milagrosa, Xílgaro, Campo da Feira, Enxeñeiro Barreira, Río Anllóns, Avenida de Fisterra, Vicente Risco, Luis Calvo, Perú, Centro Comercial Bergantiños (zona avituallamento), Perú, Poñente, Avenida das Flores, Fontecaldeira, Avenida Cristina, rúa Pan, Luis Calvo, Rego da Balsa, Valle Inclán e Praza do Concello (meta).

Anímaste? Pois dáte présa porque aínda estás a tempo de inscribirte na Delegación carballesa de La Voz de Galicia ou na Casa do Concello. E se es dos rezagados/as tamén poderás anotarte ata media hora antes do inicio da ruta, prevista as 11 da mañá, aínda que os deportistas deberán personarse na zona de saída ás 10:30 horas. É obrigatorio o uso de material axeitado e casco. Ao remate da xornada haberá sorpresas e moitos agasallos. Non faltes! 

Organiza:
La Voz de Galicia, CC Carballo, CC Monte Neme, AD Media Ducia
Colabora: Club Ciclista Carballo e Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D