Inicio Carballo ao día Axenda Aries e Santi Campos pechan o Curruncho Pop

Aries e Santi Campos pechan o Curruncho Pop

Sábado 2 de xuño do 2018 Ás 20:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Tras tres meses de intensa actividade, a edición máis internacional do Curruncho Pop chega a súa fin coa posta en escena dun dos concertos máis agardados do cartel: a dobre actuación de Aries e Santi Campos, que chegan dispostos a facer gozar ao público carballés coa súa música en directo e os seus últimos traballos.

Aries é a versión electrónica e máis personal de Isa Fernández Reviriego (ex-cantante e guitarrista de Charades).  As súas cancións, que tanto beben dos Beach Boys como de Caetano Veloso, conseguen saír do ensimesmamento no que caen algúns grupos de pop psicodélico para ofrecer un ambiente divertido e relaxado que, ás veces, moito ten que ver co dunha festa popular.

Outro dos protagonistas do cartel será Santi Campos, un artista de longa traxectoria que chega a Carballo para ofrecernos o seu traballo máis recente cun son fresco, intenso, poderoso e diferente que nada ten que envexar a súa etapa como vocalista,  cantante e compositor de bandas tan aclamadas no panorama nacional como Malconsejo.

Reserva xa a túa entrada na Biblioteca Rego da Balsa e non perdas a ocasión de gozar deste dobre cita coa mellor música en directo.

Participación: Público xeral
Entrada: Libre e de balde. Aforo limitado
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8