Inicio Carballo ao día Axenda Contacontos infantil en francés

Contacontos infantil en francés

Sábado 2 de xuño do 2018 Ás 11:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O Comité de Irmanamento de L'Isle Jourdain, en colaboración coa Concellería de Cultura, organiza unha sesión de contacontos infantil en francés para achegar aos máis pequenos e as súas familias as divertidas historias de Les habits de Lulu e gozar dunha experiencia única noutro idioma. Ana Cancela e Lucía Iglesias, de Jumelage entre Carballo et L'Isle Jourdain, serán as encargadas de dirixir esta actividade, na que poderán participar nenos e nenas de 3 a 8 anos. Pásate xa pola biblio a recoller o teu convite. 

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Comité de Irmanamento L'Isle Jourdain
Colabora: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D