Inicio Carballo ao día Axenda Descubre África con Samuel Mountoumnjou

Descubre África con Samuel Mountoumnjou

Venres 25 de maio do 2018 Ás 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Da man do Comité de Irmanamento Carballo con L'Isle Jourdain chega a Carballo o espectáculo de contos en francés L'Afrique Contée, dirixido aos máis pequenos/as da casa e as súas familias. O encargado de achegarnos á cultura e os costumes do continente africano será Samuel Mountoumnjou, profesor de idiomas e mediador intercultural e gran coñecedor da tradición oral do seu pobo.

O seu repertorio vén cargado de contos, lendas, anécdotas e mitos africanos, cheos de vida e cor, que ademais de divertir nos farán reflexionar. Recolle xa o teu convite na Biblioteca Rego da Balsa.

Participación:
Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde con convite
Organiza: Comité de Irmanamento con L'Ilsle Jourdain
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4