Inicio O Concello Axenda institucional Presentación de G en ti, campaña do...

Presentación de G en ti, campaña do mes das Letras Galegas 2016

Mércores 4 de maio do 2016 Casa do Concello - 16.30h

Manuel María

A Casa do Concello acolle a partir das 16.30 horas a presentación tanto da campaña comunicativa das Letras Galegas 2016, que levará por lema G en ti, como do programa de actividades, tanto do propio Concello como das entidades sociais colaboradoras, e que terán lugar durante todo o mes de maio. 

Está prevista a presenza na rolda de prensa do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; de Inés Rodríguez, Concelleira de Normalización Lingüística; e de Marcos Trigo, Concelleiro de Cultura.

[Para gráficos: a foto realizarase no exterior do Concello]

Compartir: