Inicio Carballo ao día Axenda Arume celebra o 23º Encontros Culturais...

Arume celebra o 23º Encontros Culturais cunha Foliada dos Cativos

Sábado 26 de maio do 2018 19:00 horas - Centro Social de Berdillo Cultura

Esta fin de semana, a Asociación Xuvenil Arume celebra a XXIII edición dos seus Encontros Culturais cunha gran Foliada para Cativos na que a música e o baile tradicional volverán a ser os protagonistas dun festival, que conta xa con gran tradición e arraigo no municipio, creado para conmemorar o Día das Letras. 

Este ano, ademais das actuacións musicais e as exhibicións de baile a cargo dos alumnos/as da asociación, tamén poderán participar os máis pequenos da casa. Dende a entidade convidan a todos os nenos e nenas que o desexen a formar parte dunha gran foliada no salón de actos do seu local social para tocar, cantar e bailar. A cambio, desde a organización prometen moitas sorpresas! 

Ademais, os e as asistentes poderán gozar dunha tarde moi animada coas actuacións de varios grupos folclóricos convidados. 

Participación: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: A.X. Arume
Colabora: Concello de Carballo e Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D