Inicio Carballo ao día Axenda Entrega de premios e inauguración da...

Entrega de premios e inauguración da exposición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Xoves 3 de maio do 2018 20 h - Pazo da Cultura Cultura

O Pazo da Cultura acollerá a partir do 3 de maio unha exposición fotográfica na que se recollerá unha selección das obras presentadas á XX edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, promovido pola Concellería de Cultura en colaboración coa Fundación Luis Calvo Sanz e, por primeira vez, Interfilm Carballo. O mesmo día 3, ás 20.00 horas, terá lugar a entrega de premios aos gañadores.

O xurado decidiu outorgar o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma, á fotografía titulada Introspección 3, de Ángel Atanasio Rincón, de Alcázar de San Juan (Ciudad Real). O segundo premio, dotado con 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luís Calvo Sanz, será para o galego Martiño Martínez Porto polo seu traballo Azul. Tamén son galegos os outros dous galardoados: Juan Rodríguez Pazos, por Acuarela de Razo, que recibirá o Premio Especial Carballo (500 euros e diploma), e Antonio Gutiérrez Pereira, premiado cun accésit de 300 euros e diploma, patrocinado por Interfilm Carballo, pola fotografía Dobrar o tempo.

Durante as vindeiras semanas, todas as persoas que o desexen poderán visitar de balde esta mostra, na que, ademais de participar un elevado número de artistas galegos, haberá unha ampla representación de traballos procedentes do resto de España. Unha proba do prestixio e recoñecemento que está a acadar esta actividade ano tras ano. Non perdas a oportunidade de desfrutar dunha experiencia única.

Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D