Inicio Carballo ao día Axenda Campaña de doazón da Axencia Galega...

Campaña de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

Do xoves 2 de maio ata o venres 3 de maio do 2019 10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará na Praza do Concello de Carballo os días 2 e 3 de maio para atender a todas as persoas que queiran amosar a súa solidaridade doando sangue. O horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Nos documentos adxuntos atoparedes toda a información sobre a doazón de sangue e algunhas testemuñas de xente que dá o tipo.

Ligazóns

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D