25/10/2006 A delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, confirmou esta mañán en Carballo, na inauguración das IV Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral, un novo Obradoiro de Emprego para a localidade. O Obradoiro de Emprego será para maiores de 25 anos e contará con 40 alumnos. O anuncio tivo lugar no Pazo da Cultura, nun acto no que, ademáis da delegada provincial de Traballo, tomaron parte o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o tenente de alcalde, Xosé Antonio Viña, o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenseca e o director provincial do INEM, José Manuel Pose.
O tenente de alcalde, Xosé Antonio Viña, resaltou a importancia das Xornadas e o "interesante que é estar en contacto con expertos en diversas materias e xente que vive a realidade das empresas día a día". A delegada provincial de Traballo, María Debén, ensalzou a importancia de celebrar as Xornadas "polo contido das mesmas, incidindo na prevención de riscos laborais, e por a quén están dirixidas". O director provincial do INEM, José Manuel Pose Mesura, salientou que "esta zona necesita de empresarios arriscados. Hoxe é doado facer contratos indefinidos, pero necesitamos que a xuventude non escape". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, aludiu á "formación e emprego como fonte de futuro. Esperemos que estas xornadas posibiliten que todos os que están formando parte da Escola Taller de Carballo teñan novas ofertas para o mundo laboral". O encargado de inaugurar as xornadas oficialmente foi o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenseca, quen incidiu no "papel fundamental dos Concellos para reforzar a orientación profesional e a formación".Buscador:
© Concello de Carballo, 2009