Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Actualidade

TRÁFICO

Un trailer provocou un corte na travesía principal durante tres horas

17/10/2006 Un trailer de 46 metros de lonxitude, máis de 4 de ancho e preto de seis de alto, quedou atascado na tarde de onte durante tres horas no centro de Carballo, entre as 18,00 e 21,00 horas. O camión, procedente de Alicante, transportaba verios aeroxeneradores para un parque eólico de Muros e contaba cun permiso especial de Tráfico para transitar pola C-552.

Logo de pasar por Laracha, o trailer topuose cos primeiros problemas na rúa Vázquez de Parga, dificultades que se agravaron en Camiño Novo, á altura da rúa Ponte. Debido á estreitez da calzada, o camión quedou atascado e durante tres horas procedeuse á liberación de obstáculos que impedían o tránsito do vehículo. Así, houbo que retirar unha das farolas da travesía e o cartel dun establecemento comercial. Máis dun centenar de persoas presenciaron o operativo disposto para libera ao trailer, que contou coa colaboración da Policía Local e axentes de tráfico. O camión detivo a súa marcha no extrarradio de Carballo para non circular de noite.

Volver


© Concello de Carballo, 2009