Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Actualidade

CONVOCATORIA

Aprobados en pleno os festivos locais para o ano 2007

26/09/2006 A corporación municipal de Carballo aprobou, na sesión plenaria ordinaria deste mes setembro, os festivos locais para o ano 2007. Os días de festividade local para o vindeiro ano, segundo acordou o pleno, serán o 25 de xuño e o 20 de febreiro. O primeiro coincide coa celebración das festas de San Xoán e, o segundo, é o martes de antroido.

Ademáis, aprobouse o cambio de sistema de actuación no ámbito de aplicación de xestión dos Polígonos 27 e 45. Son os ubicados, respectivamente, na intersección das rúas Pontevedra e Perú e na zona da Estación de Autobuses, detrás da zona da Cristina.
Tamén saliron adelante unha modificación orzamentaria, co crédito extraordinario nº 1/2006, as Bolsas de Estudo e Transporte para o curso 2006/2007 e os estatutos do Consorcio de Servizos de Igualdade e do Benestar.

Volver


© Concello de Carballo, 2009