21/03/2006 A aprobación do Regulamento de participación cidadá será un dos puntos para debater na Comisión Informativa de Acción Social, Participación e Persoal, que vai ter lugar o mércores 22 de marzo. Será o paso previo á súa inclusión na orde do día do pleno ordinario do vindeiro luns, logo de que os diferentes voceiros dos grupos políticos municipais debateran o documento en varias xuntanzas, a última celebrada no día de onte.
O Regulamento de participación cidadá introduce importantes melloras na integración da veciñanza nas xestións do Concello. O obxectivo do texto é aproximar a administración á cidadanía, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. A Comisión Informativa de Acción Social, Participación e Persoal terá lugar o mércores, a partir das 18.45 horas.Buscador:
© Concello de Carballo, 2009