Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Actualidade

CULTURA

A música será protagonista da oferta cultural do mes de febreiro

30/01/2006 A música será a grande protagonista dos actos incluidos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo durante o mes de febreiro. O videiro venres, día 7, Carmen Dor abrirá o ciclo En feminino cun concerto co que esta cantante galega fará un percorrido polas cancións de distintos países que baña o océano Atlántico. Carmen Dor amosará un grande repertorio con moitos estilos, como a bossa nova, a samba, o fado, a canción galega ou a tradicional bretona.

O venres, día 17 de febreiro, será o turno para A Compañía do Ruido, unha formación musical creada en 2002 e integrada por once compoñentes, que ofrecerán un concerto que abrangue temas de música tradicional galega fusionados, algúns deles, con ritmos propios doutras comunidades.

Teatro

Tamén durante o mes de febreiro poderase presenciar unha nova representación de teatro, neste caso a cargo de Bucanero&EME2 Produccións, coa súa obra Por un millón de dólares. A representación terá lugar o venres, 10 de febreiro, e contempla un teatro de gangsters, ao máis puro estilo do cine negro americano, e escrito polo gañador do premio MAX ao mellor texto dramático en galego. Tódalas actuacións do mes de febreiro terán lugar no Pazo da Cultura, ás 21,00 horas.

Volver


© Concello de Carballo, 2009