23/12/2005 Os esforzos do Concello de Carballo na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa deron os seus froitos. A presentación do informe elaborado polo goberno municipal, no que se aludía á necesidade de ampliar o solo industrial debido á demanda existente, tívoa en conta o Consello de Administración de Xestur, que deu o seu visto bo na súa última xuntanza. Ademáis dos 740.000 metros cadrados nos que se traballa na actualidade, a ampliación do solo industrial aprobada contempla unha nova fase na que se desenvolverán dúas zonas cun total de 530.000 metros cadrados.
As dúas zonas desenvolveranse de forma conxunta xa que, aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o goberno traballou para que o seu desenvolvemento fora continuo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que se trata "dunha excelente nova que vai convertir ao polígono de Bértoa nun dos de maior dimensión e con máis importancia na zona sur da provincia de A Coruña". Evencio Ferrero engadiu que a ampliación responde a "unha aposta do goberno municipal na que existe a colaboración da Consellería de Vivenda e Solo e Xestur e que permitirá a ocupación por parte de industrias que xerarán creación de emprego". O rexedor local manifestou, ademáis, que "este é o mellor regalo de Nadal que lle podemos facer aos carballeses".Buscador:
© Concello de Carballo, 2009