15/04/2009 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con dez medios de comunicación escrita, convoca por quinto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso do galego na prensa escrita. Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega ou con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc.
As temáticas dos artigos tamén poden estar relacionadas co estatusdo idioma, co argumentario en defensa do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas ou con accións de impulso ao uso social do galego. Os artigos deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 400 e 550 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión estará aberto até o próximo día 8 de maio.Buscador:
© Concello de Carballo, 2009