Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 20 de xullo 2012

Axenda Vive

O Fórum acolle o VIII Curso de Verán "Traballando en lingua" sobre xustiza social e dinamización lingüística

Cartel

10:00 Entre o 18 e o 20 de xullo o Forum Carballo acolle o VIII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua", que este ano se centra na Xustiza social e a normalización do idioma galego. Este curso de verán está organizado pola Universidade da Coruña, e conta coa colaboración da CTNL, do Concello de Carballo (a través do seu Servizo de Normalización Lingüística) e mais da Xunta de Galicia. Para obter máis información, premer aquí. Tamén é posible descargar o programa ao completo de actividades nun documento en pdf nesta mesma convocatoria.

Axenda Vive

O areal de Razo acolle a celebración do VII Festival Sereas e Piratas que mestura deporte, música e lecer

Cartel

10:00 A praia de Razo acolle os días 20 e 21 de xullo o VII Festival Sereas e Piratas, que inclúe actividades durante toda a xornada. Así, o Festival de día terá lugar nunha Terraza-Bar a pé de praia de acceso gratuíto situada a carón do recinto dos concertos nocturnos. O programa recolle a actuación de dj's e de bandas seleccionadas no I Festival online Sereas e Piratas. Tamén estarán nesta terraza Perrito Diablo y Los Cadáveras, os carballeses Tínperis ou Dj Teresa da Praia. No caso dos concertos nocturnos, mestúranse grupos galegos con madrileños ou andaluces, buscando a calidade. O venres 20 tocan: Lobishome, Fantasmage, Tora! Tora! Tora!, La Débil e Joe Crepúsculo co peche de Lagartija Dj. O domingo 21 é a quenda de: Los Árboles, Pastillas Mamut, Pony Bravo e Triángulo de Amor Bizarro. Pecha Yo+Yo Dj. Para obter máis información, premer aquí. Tamén é posible visitar a web oficial do festival nunha mesma ligazón nesta convocatoria.

Axenda do Concello

Recepción na Alcaldía dos nenos e nenas saharauis que pasan o verán en Carballo co programa "Vacacións en paz"

11:00 O Acalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibe na Casa do Concello aos nenos e nenas saharauis que pasan o verán con familias carballesas a través do programa "Vacacións en paz", coordinado pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e o departamento de Servizos Sociais do Concello. Os cinco nenos e nenas beneficiarios do programa, acompañados polas súas familias de acollida, visitarán a Alcaldía e falarán co rexedor e con outros membros da corporación.

Axenda Vive

Encontros do Torneo de Volei-Praia Sereas e Piratas na praia de Razo

Cartel

16:00 A praia de Razo acolle o venres 20 e o sábado 21 de xullo a celebración do Torneo de Volei Praia Sereas e Piratas, que conta con categoría masculina e feminina. A cita supón o reparto de premios en metálico aos mellores clasificados de ata 200 euros. Os encontros dispútanse o venres a partires das 16.00 horas e o venres a partires das 11.30 horas. Máis información sobre as actividades de volei-praia, premendo aquí.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

O proxecto "Las huellas de La Barraca" representa na Praza do Concello a obra "El bobo del colegio"

El bobo del colegio

22:30 A Praza do Concello acolle o proxecto escénico "Las huellas de La Barraca", unha iniciativa de Acción Cultural Española do Ministerio de Cultura, que pretende rescatar a empresa emprendida por Federico García Lorca de levar os clásicos do teatro español por toda España. Nesta ocasión será a Aula de Teatro de Antropoloxía da Universidade de Sevilla e In vitro Teatro da Universidade de Jaén que representan a obra "El bobo del colegio" do célebre autor e dramaturgo Lope de Vega. Este espectáculo ten lugar o venres 20 de xullo ás 22.30 horas no palco da Praza do Concello. Máis información, aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xullo >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

© Concello de Carballo, 2009