Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 4 de xuño 2012

Axenda do Concello

Presentación na Casa do Concello do Curso de verán da UDC Xustiza social e dinamización lingüística

13:00 A Alcaldía do Concello de Carballo acolle a sinatura do convenio de colaboración por parte do reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e mais o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para o desenvolvemento do Curso de verán sobre dinamización lingüística que terá lugar nas instalacións do Fórum Carballo os días 18, 19 e 20 de xullo. No acto tamén participará Goretti Sanmartín, responsable de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), que presentará o programa de actividades á prensa. A cita é a partires das 13.00 horas.

Axenda do Concello

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

13:30 Representantes da corporación carballesa celebran unha sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que ten lugar na Casa do Concello a partires das 13.30 horas. Entre os asuntos da orde do día destaca a aprobación do Programa de San Xoán 2012 ou a adxudicación da contratación do Servizo de ensino para a especialidade de percusión que se está a prestar no Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

© Concello de Carballo, 2009