
09:15 A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, de "Primavera en ruta", unha iniciativa que propón un total de oito percorridos por seis concellos da comarca e limítrofes co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o espírito de convivencia no marco da contorna natural. O domingo 3 de xuño é a quenda da "A costa agreste de Cerqueda e Cambre". De 17 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Malpica e é a única ruta costeira e circular, con saída e chegada en Cambre.. A cita, que dura todo o día, ten programada a saída dende o Pazo da Cultura carballés a partires das 9.15 horas. Máis información, premendo aquí.
© Concello de Carballo, 2009