Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 29 de xuño 2012

Axenda do Concello

Rolda de prensa para presentar os asuntos da sesión plenaria extraordinaria que se celebra o luns 2 de xullo

12:00 A Casa do Concello acolle a partires das 12.00 horas unha rolda de prensa na que se dará conta dos asuntos incluídos na orde do día da sesión plenaria extraordinaria que se celebra o luns 2 de xullo a partires das 20.30 horas. Trátase da sesión prevista para o mes de xuño, que non se celebrou ao coincidir o luns 25 co festivo local polas festas patronais. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da Tenente de Alcalde, Milagros Lantes.

Axenda do Concello

Xuntanza na Casa do Concello do Consello Reitor do Padroado Deportivo Municipal

13:00 A Casa do Concello acolle a partires das 13.00 horas unha nova xuntanza do Consello Reitor do Padroado Deportivo Municipal, constituído por primeira vez tralas pasadas eleccións municipais en novembro de 2011. Forman parte deste organismo o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como presidente; e como vogais figuran o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o Concelleiro do PP Alberto Sueiro; o Concelleiro de TEGA Manuel Andrade; e o Concelleiro do PSOE José Antonio Viña.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A exposición "Rincóns de Carballo e Costa da Morte": no andar -1 do Pazo da Cultura até o 30 de xuño

Exposición

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura acolle até o sábado 30 de xuño a mostra do artista catalán Francesc Aloy "Rincóns de Carballo e Costa da Morte". rátase dunha mostra composta por unha serie de pinturas cunha temática realista, impresionista e figurativa na que se recollen procedementos ao óleo, acuarela e cerámica e na que o público poderá desfrutar de diferentes paisaxes da nosa bisbarra cun particular tratamento da cor e a luz. Os interesados e interesadas en visitar a mostra ou incluso en adquirir algunha das obras, poden facelo no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. Máis info, aquí.

Axenda do Concello

Entrega no salón de plenos do Concello dos premios a Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2011

20:30 O salón de plenos da Casa do Concello acolle ás 20.30 horas a entrega dos premios a Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2011 que entrega a asociación Padroado Fogar de Bergantiños. Os galardoados desta edición son: como Carballés do Ano, ex aequo para a Asociación de Amigos de los Perros e o xogador de baloncesto en cadeira de rodas Ramón Pombo Castro; como Bergantiñán do Ano, tamén ex aequo, Cáritas Parroquial de Carballo e o doutor especialista en oncoloxía, Alfonso Mariño Cotelo; como Galego do Ano resultaron premiadas as Cociñas Económicas de Santiago de Compostela e A Coruña. Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, así como de numerosos membros da corporación e da vida social e política da vila. A cita é a partires das 20.30 horas.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

© Concello de Carballo, 2009