Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 27 de xuño 2012

Axenda Vive

Día do Neno das Festas de San Xoán no Parque do San Martiño

10:00 O programa das Festas de San Xoán 2012 inclúe a celebración do Día do Neno no Parque do San Martiño, con descontos en todas as atraccións. Estes descontos ofrécense tanto o martes 26 coma o mércores 27 de xuño.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A exposición "Rincóns de Carballo e Costa da Morte": no andar -1 do Pazo da Cultura até o 30 de xuño

Exposición

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura acolle até o sábado 30 de xuño a mostra do artista catalán Francesc Aloy "Rincóns de Carballo e Costa da Morte". rátase dunha mostra composta por unha serie de pinturas cunha temática realista, impresionista e figurativa na que se recollen procedementos ao óleo, acuarela e cerámica e na que o público poderá desfrutar de diferentes paisaxes da nosa bisbarra cun particular tratamento da cor e a luz. Os interesados e interesadas en visitar a mostra ou incluso en adquirir algunha das obras, poden facelo no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. Máis info, aquí.

Axenda Vive

Misa solemne en honra á Nosa Señora do Perpetuo Socorro

20:30 O Programa das Festas de San Xoán 2012 inclúe a celebración dunha misa solemne na honra da Nosa Señora do Perpetuo Socorro. A cita é a partires das 20.30 horas na Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

© Concello de Carballo, 2009