
09:30 O Complexo deportivo As Eiroas acolle as semifinais e finais, así como as loitas polo 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, 7º e 8º posto do VIII Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo - IV Memorial José Luis Vara Olveira. Os partidos teñen lugar nos campos 1 e 2, e enfrontan aos participantes no Torneo: Deportivo da Coruña, Celta de Vigo, Fútbol Club Barcelona, Rayo Vallecano, Real Sociedad e Gomes da Costa, ademais dos anfitrións, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, e o coruñés Victoria CF. Os encontros dispútanse durante toda a mañá de 9.30 a 13.30 horas aproximadamente, coa final prevista para as 13.10 horas no Campo 1. Máis información, aquí.
11:30 Os pasarrúas percorren o centro da vila, neste caso co Grupo de Gaiteiros de Cances e coa Banda Municipal de Gaitas de Carballo. A partires das 11.30 horas.
12:30 A Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista acolle a misa solemne en honra a San Xoán, neste caso cantada pola Coral de Bergantiños. A continuación, será a procesión acompañada pola Banda Municipal de Carballo. A partires das 12.30 horas.
14:00 Despois dos actos litúrxicos na honra do patrón San Xoán, a Banda Municipal de Carballo ofrece un concerto na Rúa Coruña a partires das 14.00 horas. Para obter máis información sobre o programa de San Xoán 2012, premer aquí.
18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura acolle até o sábado 30 de xuño a mostra do artista catalán Francesc Aloy "Rincóns de Carballo e Costa da Morte". rátase dunha mostra composta por unha serie de pinturas cunha temática realista, impresionista e figurativa na que se recollen procedementos ao óleo, acuarela e cerámica e na que o público poderá desfrutar de diferentes paisaxes da nosa bisbarra cun particular tratamento da cor e a luz. Os interesados e interesadas en visitar a mostra ou incluso en adquirir algunha das obras, poden facelo no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. Máis info, aquí.

23:00 O palco da Praza do Concello acolle a actuación estelar das Festas de San Xoán 2012 a cargo da cantante Pastora Soler. É unha artista sevillana que comezou a súa carreira en 1994 coa copla, un xénero que aínda lle segue influíndo nas súas cancións e interpretacións. Porén, hoxe en día céntrase máis no pop e nas baladas, pero sen esquecer as súas orixes flamencas. Ademais dos seus grandes éxitos, de seguro que durante a súa actuación volverá a cantar a canción que tan ben interpretou en Baku (Azerbaián) e que foi moi aplaudida polo público do festival de Eurovisión e escoitada por 9 millóns de españoles na televisión pública: "Quédate conmigo". Está previsto que o concerto remate sobre as 00.30 horas, cando continúa a verbena coa Orquestra Los Trovadores.
© Concello de Carballo, 2009