18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

18:00 O andar -1 do Pazo da Cultura acolle até o sábado 30 de xuño a mostra do artista catalán Francesc Aloy "Rincóns de Carballo e Costa da Morte". rátase dunha mostra composta por unha serie de pinturas cunha temática realista, impresionista e figurativa na que se recollen procedementos ao óleo, acuarela e cerámica e na que o público poderá desfrutar de diferentes paisaxes da nosa bisbarra cun particular tratamento da cor e a luz. Os interesados e interesadas en visitar a mostra ou incluso en adquirir algunha das obras, poden facelo no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas. Máis info, aquí.
18:00 O Alcalde de Carballo en funcións, Evencio Ferrero, acompañado do Concelleiro de Medio Ambiente, Marcos Trigo, así como de socorristas e representantes de Protección Civil, procede ao izado do distintivo da Bandeira Azul que este ano obtiveron as praias de Pedra do Sal e As Saíñas. O percorrido comeza ás 18.00 horas.

18:30 O Complexo deportivo As Eiroas acolle os encontros da fase final do VIII Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo - IV Memorial José Luis Vara Olveira. Trátase dos partidos da liguilla, que teñen lugar nos campos 1 e 2, e que enfrontan ao Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo, o Fútbol Club Barcelona, o Rayo Vallecano, a Real Sociedad e o Gomes da Costa, ademais dos anfitrións, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, e o coruñés Victoria CF, gañador da fase previa do torneo. Os encontros dispútanse durante toda a tarde de 18.30 a 20.30 horas, aproximadamente. Máis información sobre o Torneo, aquí.
19:00 O Campo de fútbol de Carral de Sofán acolle a celebración da Final do XXI Torneo de Peñas Concello de Carballo, incluído no programa das Festas de San Xoán 2012. Organiza esta actividade o Padroado Deportivo Municipal. A partires das 19.00 horas.

22:00 Unha carpa instalada detrás da estación vella de autobuses, no Parque de Rego da Balsa, é o escenario da recuperación no programa das Festas de San Xoán dun festival que ten congregado moito público xuvenil en anteriores edicións: o Rockin. Neste reencontro co público están convidados grupos carballeses como Lowcos e Franc3s, e galegos como os ourensáns Burgas Beat. Pecha o cartel, despois da inesperada ausencia de The Blasters, o grupo español Doctor Explosion (na imaxe). Trátase dunha banda de Xixón que se pode clasificar como de garage rock e que conta con máis de 20 anos de traxectoria. A cita é ás 22.00 horas. Máis información, aquí.

22:30 A Praza do Concello acolle unha verbena na que estarán as orquestras Trébol (na imaxe) e Grupo América SL. A primeira ten máis de 60 anos de vida nos que ten actuado en verbenas, restaurantes, casinos, radios e televisións. Ten entre as súas cantantes a unha veciña de Sofán. A segunda, está a piques de cumprir 30 anos enriba dos escenarios. A cita é no palco a partires das 22.30 horas. Máis información sobre o programa das Festas de San Xoán, aquí.
© Concello de Carballo, 2009