
17:00 A Praza do Concello acolle entre as 17.00 e as 19.30 horas a 21 edición de Xogar na Rúa, o peche oficial das actividades de deporte municipal en idade escolar 2011-2012 que se agrupan baixo o programa Deporte na Escola. Esa iniciativa pretende fomentar a práctica do deporte entre os nenos e nenas dos centros de ensino do municipio. Quen así o desexe pode participar nalgunha das 16 actividades que ofrece a iniciativa, como mini basket, xadrez, pista americana, hockey, xogos autóctonos, búfalo mecánico, atletismo ou capoeira. Para obter máis información, premer aquí.

21:30 O Pazo da Cultura acolle a actuación do coñecido dúo uruguaio formado por Washington Carrasco e Cristina Fernández. Son artistas consagrados no seu país e cunha carreira de máis de 35 anos que ofrecerán durante o concerto e baixo o título "El poema y la canción" un repertorio de poesía musicalizada con textos de autores tan coñecidos como Pablo Neruda, poemas como o "Romance del enamorado y la muerte" ou temas como "La era está pariendo un corazón" dun artista como Silvio Rodríguez. Completan o repertorio con poemas e temas galegos como "Negra sombra" de Rosalía de Castro ou "En pé" de Ramón Cabanillas. A cita é a partires das 21.30 horas e a entrada é de balde ata completar o aforo. Máis información, aquí
© Concello de Carballo, 2009