Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 17 de xuño 2012

Axenda Vive

Finais do Torneo Prebenxamín Concello de Carballo no Campo Municipal de fútbol As Eiroas

10:00 O Campo Municipal de fútbol As Eiroas, situado no polígono de Bértoa, acolle a celebración das finais do Torneo Prebenxamín Concello de Carballo. As cita, incluída no programa de San Xoán 2012, está organizada polas Escolas Deportivas Luís Calvo coa colaboración do Concello de Carballo.

Axenda Vive

Celebración da II Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo

Cartel

10:00 As principais rúas da capital municipal carballesa acollen a partires das 10.00 horas a II Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo, unha cita deportiva homologada pola Federación Galega de Atletismo e aberta a todas as categorías. Respecto das características técnicas da carreira, conta con saída e chegada na Praza do Concello, e hai que mencionar que ten unha distancia máxima de 10.000 metros divididos en dúas voltas de 5.000 metros, estando previstas as saídas para categorías Junior, Senior e Veteranos ás 12.00 horas e para categoría Xuvenil ás 11.30 horas, reservándose para as categorías inferiores a saída ás 10.00 horas. Esta actividade, incluída no programa das festas de San Xoán 2012, está organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A mostra colectiva "Obras por descubrir": na sala de exposicións Alberto Gende do Pazo da Cultura até o 30 de xullo

Inauguración

18:00 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo, sala Alberto Gende, acolle até o 30 de xullo a exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

A Aula Municipal de Teatro de Carballo presenta "Pequeno retablo de verdades e mentiras"

Cartel

21:00 A Aula Municipal de Teatro de Carballo, baixo a batuta de Artur Trillo, coñecido director e actor da compañía ceense Talía Teatro, presenta a peza "Pequeno retablo de verdades e mentiras". Esta proposta, interpretada polo grupo de terceiro ano da Aula Municipal, está construída con tres entremeses ambientados no Século de Ouro nos que se xoga coa confusión, os enganos, as sorpresas e o humor. O costumbrismo da época reflicte en situacións inesperadas, nas que os personaxes deben afrontar conflitos e tentar saír con ben de toda clase de leas. A cita é de balde a partires das 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, aínda que é necesario un convite previo que debe retirarse nas Oficinas de Cultura. Para obter máis información, premer aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

© Concello de Carballo, 2009