Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 15 de xuño 2012

Axenda do Concello

Sinatura dun convenio de colaboración entre Axober e o Concello de Carballo

13:00 A Casa do Concello acolle a partires das 14.00 horas a sinatura dun convenio de colaboración entre a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) e a administración local co obxecto de desenvolver medidas de dinamización empresarial, fomento da emprendeduría e consolidación de empresas. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e do presidente de Axober, Isidro Varela Bardanca.

Axenda do Concello

Inauguración no Pazo da Cultura da exposición colectiva "Obras por descubrir"

20:30 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle a partires das 20.30 horas a inauguración da exposición "Obras por descubrir", unha mostra colectiva de autores de Carballo e da comarca que se realiza cada ano polo San Xoán e que nesta edición está dedicada ao desaparecido artista e deseñador gráfico Alberto Gende. Colaboran na exposicións os seguintes artistas: Emilia Rodríguez, Milagros Cotelo, Lola Oviedo, Mon Lendoiro, Antonio Taracido, Mª José Costa "Chiña", Miguel Anxo Calvo "O'Mighelo", Cristina Castro, Jacobo Veiga, Vicky Vilariño, Santi Picos, Adriana Suárez, Marcos Rodríguez, Antonio Reino, Manolo Eirín, Manuel Pazos, Peter Kramer, Nils Viga, Eva Facal e Juan Casares. Tamén está prevista a presenza na inauguración da Concelleira de Cultura, Mar Eirís; e do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Buscador:


<< 2012 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

© Concello de Carballo, 2009