Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 29 de abril 2012

Axenda Vive

Senda Nova propón o roteiro de sendeirismo "Terras de Soneira" dentro do programa Primavera en ruta

Cartel

09:00 A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, de "Primavera en ruta", unha iniciativa que propón un total de oito percorridos por seis concellos da comarca e limítrofes co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o espírito de convivencia no marco da contorna natural. O domingo 29 de abril é a quenda de "Terras de Soneira". De 19 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Zas, saíndo de Pico de Meda e terminando en Follente. A cita, que dura todo o día, ten programada a saída dende o Pazo da Cultura carballés a partires das 9.15 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Axenda Vive

O Pavillón Vila de Noia acolle o Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina

Cartel

10:30 O Pavillón Vila de Noia da capital municipal acolle a celebración, coa participación do Xiria como anfitrión, do Sector zonal do Campionato de España de Balonmán en categoría Xuvenil Masculina. A cita desenvólvese entre o venres 27 e o domingo 29 de abril e abre a posibilidade de que o Ifecgás Pereira Xiria poida estar entre os oito mellores equipos de España. Os encontros do domingo desenvólvense a partires das 10.30 horas. Máis información sobre os horarios, aquí.

Axenda Vive

A mostra do XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís permanece no Pazo da Cultura até o 30 de abril

Exposición XM Eirís

18:00 A sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o luns 30 de abril una exposición realizada coas obras premiadas e unha escolma de 85 das 211 fotografías que se teñen presentado ao XIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. As cinco obras premiadas son as seguintes: 1º Premio, ""Paseo no río Lérez" de Alberto Pousa Torres; 2º Premio, "Comercio fluvial" de José Luis Morales Martín; Premio Especial Carballo, "Chove en Razo" de José López Pérez; Accésit, "Se me olvidó que te olvidé" de Carlos García Barrio; Accésit, "A Rúa" de Guillermo Pío Gribeiro Malvido. A mostra pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

Primavera enDanza pon o punto e final con "Río de Luna" da compañía andaluza Da.Te Danza

Río de Luna

18:00 A X edición de Primavera enDanza finaliza o domingo 29 de abril coa compañía andaluza Da.Te Danza que presenta o seu último espectáculo "Río de Luna", unha magnífica coreografía que foi premiada en Fetén 2011 como mellor espectáculo de danza. "Río de Luna" é unha proposta que fala sobre como xurde unha nova vida. Un río nace, ou tamén pode ser un bebé. Este espectáculo está destinado a público familiar, en especial a nenos e nenas entre 3 e 8 anos. Comeza ás 18.00 horas e o prezo da entrada é de 2,5 e o prezo reducido de 2 . Máis información, premendo aquí.

Buscador:


<< 2012 >>
<< abril >>
L M M X V S D
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

© Concello de Carballo, 2009