
09:30 O Complexo Municipal das Eiroas acolle a partires das 9.30 horas a fase final do II Torneo de Fútbol 11 Autonómico, que se disputa ao longo de todo o ano e do que saen os clubs galegos que participarán na fase final do VII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo. Ademais deste equipo, estarán no torneo os alevíns do Deportivo da Coruña, do Celta de Vigo, do Atlético de Madrid, do Fútbol Club Barcelona, do Oporto e do Balboa Junior , ademais dos anfitrións, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz. Máis información, aquí.

10:00 A praia de Razo acolle o sábado 4 e o domingo 5 de xuño o II Open de Kayaksurf, válido para a Copa de España e para a Copa Galega. A competición, que comeza cada día ás 10.00 horas, está organizada polo club KayaksurfGalicia e conta co apoio das federacións nacional e galega de piragüismo, do Concello de Carballo, do Padroado Deportivo Municipal e co patrocinio, entre outros, de Teirón e Artsurfcamp. Está confirmada a presenza de competidores da elite do kayaksurf de Portugal, País Vasco e Galicia. As modalidades da proba son kayak curto, kayak longo e waveski. Máis información, aquí.
10:00 A Praza do Concello de Carballo acolle ás 10.30 horas o Día da Bicicleta, organizado por "La Voz de Galicia" e que cada ano mobiliza a numerosos veciños e veciñas. O punto de partida é a Praza do Concello e a saída do pelotón está prevista para as 11.00 horas. O percorrido transcorre por numerosas vías do casco urbano e remata tamén na Praza do Concello, onde ten lugar o sorteo de agasallos. Máis información sobre a programación deportiva da fin de semana, aquí.

18:00 Do 26 de maio ao 9 de xuño permanece aberta ao público no Pazo da Cultura a exposición organizada pola Deputación da Coruña "Innocence" da fotógrafa ferrolana Helena Segura-Torrella Losada. Con esta mostra preténdese dar a coñecer ao gran público a unha das fotógrafas contemporáneas con maior proxección no panorama nacional, pese a súa xuventude. A exposición está composta por 15 fotografías de gran tamaño, imaxes cunha linguaxe moi persoal e creativa, de gran forza onírica. Obras dunha artista que, dende a imaxinación e a fantasía lévanos ao seu propio universo. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra no 3º andar do Pazo da Cultura, no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas.
18:00 O programa das Festas de San Xoán 2011 inclúe a celebración do XXX Día da Muiñeira organizado pola Asociación Cultural Nemeth. Colabora coa cita, que ten lugar na Praza do Concello, a Comisión de Festas de San Xoán e o Concello de Carballo. Para obter máis información sobre o programa de San Xoán, premer aquí.
© Concello de Carballo, 2009