Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 27 de xuño 2011

Axenda do Concello

Presentación do Campionato de España de Autocross na Casa do Concello

12:00 A Casa do Concello de Carballo acolle a partires das 12.00 horas a presentación dunha proba do Campionato de España de Autocross que se celebra os días 2 e 3 de xullo no Circuíto de Motor Municipal de Bértoa. Está prevista a presenza do Alcalde en funcións, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo; e de representantes de Escudería Coruña, organizadora da proba.

Axenda Vive

Día do Neno das Festas de San Xoán no Parque do San Martiño

17:00 O programa das Festas de San Xoán 2011 inclúe a celebración do Día do Neno no Parque do San Martiño, coa presenza dun parque de xogos gratuíto e a organización de diferentes actividades lúdicas como obradoiros, xogos, inchables, etc. A cita remata ás 20.00 horas. Ademais, tamén é o Día do neno nas barracas do San Martiño, con descontos en todas as atraccións.

Axenda Vive

A exposición "A beleza": no Pazo da Cultura até o 31 de xullo

Expsición

17:30 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 31 de xullo unha exposición colectiva de artistas de Carballo e da comarca titulada "A beleza", unha iniciativa que ten o obxectivo de promover e impulsar o patrimonio artístico local. Un total de 16 autores e autoras mostran o seu traballo caracterizado por unha grande heteroxeneidade de técnicas e de estilos, que inclúen escultura, pintura, fotografía ou gravado. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra de 17.30 a 20.30 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Axenda Vive

Misa solemne en honra á Nosa Señora do Perpetuo Socorro

20:30 O Programa das Festas de San Xoán inclúe a celebración dunha misa solemne na honra da Nosa Señora do Perpetuo Socorro. A cita é a partires das 20.30 horas na Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista.

Buscador:


<< 2011 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

© Concello de Carballo, 2009