Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 17 de xuño 2011

Axenda Inviste

Segunda e última xornada do curso da UDC "A evolución do turismo no marco da sociedade global"

10:00 O Telecentro de comunicación situado no primeiro andar do Pazo da Cultura acolle o curso de verán da Universidade da Coruña (UDC) "A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión". A actividade conta con dúas xornadas os días 16 e 17 de xuño, sendo a segunda a do venres 17 en horario de 10.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.30 horas pola tarde. A clausura está precisamente prevista para as 19.30 horas coa entrega de diplomas e uns aperitivos. Para obter máis información sobre o curso, premer aquí. Tamén pode consultarse o programa o completo en pdf.

Axenda Vive

A exposición "A beleza": no Pazo da Cultura até o 31 de xullo

Expsición

17:30 A sala da baixocuberta do terceiro andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 31 de xullo unha exposición colectiva de artistas de Carballo e da comarca titulada "A beleza", unha iniciativa que ten o obxectivo de promover e impulsar o patrimonio artístico local. Un total de 16 autores e autoras mostran o seu traballo caracterizado por unha grande heteroxeneidade de técnicas e de estilos, que inclúen escultura, pintura, fotografía ou gravado. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra de 17.30 a 20.30 horas. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden premer aquí.

Axenda Vive

O segundo grupo da Aula Municipal de Teatro de Carballo representa "Médico a paus" no Pazo da Cultura

21:00 O segundo grupo da Aula Municipal de Teatro de Carballo representa "Médico a paus", unha comedia de Molière baixo a dirección de Artur Trillo. A Concellaría de Cultura creou a Aula Municipal de Teatro hai algo máis de dous anos, en principio cun só grupo de alumnos, aos que se uniu a finais do ano pasado un novo grupo de iniciación. O 1º grupo estreou o seu último traballo, "Amores", no mes de abril, e agora é a quenda deste novo grupo integrado por 9 membros de moi diversas idades: Celsa Losada, Lucía Velo, Beatriz Fernández, Carlos López, Isabel Fernández, José Manuel Menéndez, María Freire, Isabel Calvete e Mª Ángeles Verdes. No espectáculo, unha muller decide darlle un escarmento ao seu marido facendo correr o rumor de que é un médico eminente, aínda que un tanto raro, posto que non recoñece as súas capacidades de doutor. Esta actividade, incluída no programa das Festas de San Xoán 2011, é no auditorio do Pazo da Cultura a partires das 21.00 horas. A entrada é de balde con invitación que hai que reservar nas oficinas de Cultura ou no telefóno 981 704 300. Tamén poden recollerse na taquilla o mesmo día da representación, a partir das 19.30 horas.

Buscador:


<< 2011 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

© Concello de Carballo, 2009