12:34 O Complexo deportivo As Eiroas acolle a partires das 9.30 horas os encontros da fase final do VII Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo - Memorial José Luis Vara Olveira. Trátase dos partidos das semifinais e finais, ademais da disputa polo 3º e 4º posto, que terán lugar hasta as 14.00 horas. Ao final realizarase a entrega de trofeos, que tamén inclúen a distinción ao mellor xogador, ao mellor porteiro e ao máximo goleador. Así mesmo, hai que subliñar que durante toda a mañá as instalacións das Eiroas acollen a Copa do Mundo de Fútbol gañada pola selección española no pasado Mundial de Sudáfrica, e que poderá ser visitada polo público. Para obter máis información sobre o Torneo, premer aquí.

18:00 Do 26 de maio ao 9 de xuño permanece aberta ao público no Pazo da Cultura a exposición organizada pola Deputación da Coruña "Innocence" da fotógrafa ferrolana Helena Segura-Torrella Losada. Con esta mostra preténdese dar a coñecer ao gran público a unha das fotógrafas contemporáneas con maior proxección no panorama nacional, pese a súa xuventude. A exposición está composta por 15 fotografías de gran tamaño, imaxes cunha linguaxe moi persoal e creativa, de gran forza onírica. Obras dunha artista que, dende a imaxinación e a fantasía lévanos ao seu propio universo. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra no 3º andar do Pazo da Cultura, no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas.
18:00 O programa das Festas de San Xoán 2011 inclúe unha exhibición de baile no Festival de fin de curso do alumnado de danza da Escola da Rúa. A cita, que conta coa colaboración do Concello de Carballo, é a partires das 18.00 horas no Pazo da Cultura.
© Concello de Carballo, 2009