Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 11 de xuño 2011

Axenda Vive

III Autocross Bergantiños no Circuíto Municipal de Motor de Bértoa

Autocross

09:00 O Circuíto de Motor de Bértoa é o escenario no que se celebra o III Autocross Bergantiños, unha cita organizada por Escudería Bergantiños Motor coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo, o Concello de Carballo e a Fundación Deporte Galego da Xunta. A proba, que forma parte do Campionato Galego de Autocross, comeza a partires das 9.00 horas coas verificacións administrativas e técnicas e os primeiros adestramentos son a partires das 12.00 horas. Está previsto que as semifinais se disputen ás 15.30 horas e as finais a partires das 17.15 horas, coa entrega de premios e trofeos ás 19.30 horas. Para obter máis información, premer aquí.

Axenda Vive

VII Torneo Internacional Alevín de Fútbol 7 Concello de Carballo - Memorial José Luis Vara

VII Torneo Internacional Alevín de Fútbol 7 Concello de Carballo - Memorial Jose Luis Vara

09:30 O Complexo deportivo As Eiroas acolle a partires das 9.30 horas os encontros da fase final do VII Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo - Memorial José Luis Vara Olveira. Trátase dos partidos da liguilla, que teñen lugar nos campos 1 e 2, e que enfrontan ao Deportivo, o Atlétido de Madrid, o Barcelona, o Oporto, o Celta, o Balboa Junior e as Escolas Luis Calvo Sanz, ademais do equipo gañador da fase previa. Os encontros dispútanse durante toda a mañá de 10.30 a 13.15 horas e pola tarde de 17.00 a 20.30 horas aproximadamente. Para obter máis información sobre o Torneo, premer aquí.

Axenda Vive

A exposición "Innocence" de Helena Segura Torrella: no Pazo da Cultura até o 12 de xuño

"Innocence"

18:00 Do 26 de maio ao 9 de xuño permanece aberta ao público no Pazo da Cultura a exposición organizada pola Deputación da Coruña "Innocence" da fotógrafa ferrolana Helena Segura-Torrella Losada. Con esta mostra preténdese dar a coñecer ao gran público a unha das fotógrafas contemporáneas con maior proxección no panorama nacional, pese a súa xuventude. A exposición está composta por 15 fotografías de gran tamaño, imaxes cunha linguaxe moi persoal e creativa, de gran forza onírica. Obras dunha artista que, dende a imaxinación e a fantasía lévanos ao seu propio universo. Os interesados e interesadas poden visitar a mostra no 3º andar do Pazo da Cultura, no horario habitual de 18.00 a 21.00 horas.

Axenda Vive

A compañía CasaHamlet presenta a obra "Hidalgo" no Pazo da Cultura

21:00 O programa das Festas de San Xoán 2011 inclúe a actuación teatral da compañía CasaHamlet, que presenta a súa obra "Hidalgo". Trátase dunha proposta patrocinada pola Deputación da Coruña e a entrada é de balde ata completar o aforo. CasaHamlet é un estudo teatral fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Baixo a dirección do propio Manuel Lourenzo poranos en escena un dos seus últimos proxectos, "Fidalgo", con textos teatrais dun dos patriarcas da cultura galega, Ramón Otero Pedrayo, e coa interpretación de Manuel Lourenzo e Rubén Espejo. A cita é no auditorio do Pazo da Cultura a partires das 21.00 horas.

Buscador:


<< 2011 >>
<< xuño >>
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

© Concello de Carballo, 2009