Concello de Carballo

Logotipo Concello de Carballo

Axenda municipal: 3 de febreiro 2011

Axenda Vive

Xuntanza do Secretariado da Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico

16:00 O Pazo da Cultura acolle a partires das 16.00 horas unha xuntanza do Secretariado da Capitalidade Cultural do Eixo Atlantico. O motivo é a preparación dos actos da Capitalidade Cultural, que este ano será na cidade portuguesa de Viana do Castelo. Está prevista a asistencia a esta reunión dos representantes das cidades de Gaia, Viana do Castelo, Vilagarcía de Arousa, Sarria e Bragança.

Axenda Vive

A exposición da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico permanece no Pazo da Cultura até o 28 de febreiro

IX Bienal Eixo Atlántico

18:00 A sala da baixocuberta (3º andar) do Pazo da Cultura de Carballo acolle até o 28 de febreiro a exposición da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, unha selección das obras presentadas a este certame que ten como obxectivo estimular e impulsar a creación artística, ao tempo que fai posible o intercambio cultural e a descuberta de artistas galegos e portugueses. A exposición consta de 30 pinturas, entre as que se atopan as catro premiadas: "Camiño", de Montserrat Frieiro Dantas; "20 cabeças", de Miguel Vasconcelos; "Chevy. Momento de reflexión", de Joseba Muruzábal Pérez; e "Manadas paseando nun centro comercial", de Raquel Iglesias Gándara, ademais das catro mencións especiais do xurado. Os interesados e interesadas poden visitala en horario de 18.00 a 21.00 horas. Máis información, aquí.

Axenda Vive

Acto de inauguración da exposición e entrega de premios da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Bienal de Pintura

19:00 A sala da baixocuberta (3º andar) do Pazo da Cultura de Carballo acolle a partires das 19.00 horas o acto de inauguración e entrega de premios da IX Bienal de Pintura 2011-2012, Premio Eixo Atlántico. Ao acto asisten representantes do Instituto Portugués de Juventude e da Fundaçao da Juventude, a Subdiretora da Direción Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, o Presidente do Xurado, Xosé Luís Otero, o Secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, así como os gañadores desta edición, aos que se fará entrega dos premios. Este certame de pintura ten como obxectivo estimular e impulsar a creación artística, ao tempo que fai posible o intercambio cultural e a descuberta de artistas galegos e portugueses, dende hai nove edicións. Tamén está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro; e numerosos membros da corporación. Máis info, aquí.

Buscador:


<< 2011 >>
<< febreiro >>
L M M X V S D
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28            

© Concello de Carballo, 2009